martes, 20 de marzo de 2018

RECORDOS PARA OS PAPÁS

MOITAS FELICIDADES A TODOS OS PAPÁS!

Como cada ano no edificio Campo da Feira gústanos agasallar aos nosos papás con algunha cousiña feita polos nen@s con todo o seu amor.
Esta é unha pequena mostra.
Esperamos que vos gustase!






domingo, 18 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER

O pasado día, 8 de marzo, celebramos o día da muller facendo diversas actividades destacando a sua importancia no día a día.

Como primeira actividade quixemos que os nenos-as fosen os protagonistas falando das mulleres mais cercanas a eles, as súas nais.





Seguimos traballando este día coa lectura e visualización do libro "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes¨"

 Os nenos e nenas de 3 anos coñeceron e traballaron a MIRIAM MAKEBA




Os nenos e nenas de 4 a MICHAELA DEPRINCE




  
 

Tamén debuxaron a unha muller representativa para eles




E os nenos e nenas de 5 anos coñeceron a CLEOPATRA.


  Despois cada neno-a debuxou a unha muller representativa.





 Que fermosas!

  Finalmente todas as profes do cole puxemos o noso gran de area para este día tan importante.




lunes, 5 de marzo de 2018

ANIVERSARIOS DE FEBREIRO



Na aula de 4 anos estiveron de cumple Jennifer, Noela e Joel.









Na aula de 5 anos estiveron de cumple Diego e Connor.
 






MOITOS PARABÉNS A TODOS-AS!!!!

sábado, 3 de marzo de 2018

SAÍDA AO AUDITORIO DE OURENSE



 Rematamos febreiro.
A pesar de ser o mes mais pequeno do ano deixounos grandes recordos, pois
 disfrutamos moito coas grandes vivencias que sorprendentemente nos deparou.
Despedímolo viaxando a OURENSE e visualizando a  obra "A NENA E O GRILO" de MAGÍN BLANCO.


 Que ledicia,a golpe de luns viaxar en autobús.

 

   


    

     

Preparados para entrar e soñar coas aventuras que a nena e o grilo van facer por distintos lugares do mundo acompañados dunha excelente música instrumental e vocal. 
 

3,2,1, comeza a acción....

    




O grilo saíu do escenario e cantou con nós.



Para rematar voaron avións e Anxo trouxo un de recordo para O Carballiño.


Xa pola tarde,recordamos a obra acompañados do conto de MAGÍN BLANCO,que a profe Norma tiña na biblioteca de aula e fixemos unhas fichiñas para asegurar os nosos recordos.






QUE BONITAS!!!!!