viernes, 29 de mayo de 2015

ANIVERSARIOS DE MAIO

Hoxe celebramos os cumples deste mes de maio.
En 3 anos estiveron de aniversario Thiago e Diego Castro.






En 4 anos celebramos o cumple de Santiago, Uxía, Gabriel e Daniel.








E na clase de 5 cumpliu anos Daniel.





PARABÉNS A TODOS!!!

lunes, 25 de mayo de 2015

TRABALLAMOS A EXCURSIÓN

Despois da viaxe falamos sobre o que vimos e o que máis nos gustou. Todo isto os nenos/as de 5 anos plasmárono en debuxos.








Os nenos/as de 4 anos traballárono con fichas de animais e co conto da avestruz.

Os de 3 colorearon medios de transporte que vimos: autobús, barco e avión.






FOMOS DE EXCURSIÓN A VIGO

Onte fomos de excursión a Vigo. E coma tódolos anos as profes prepararon antes de saír os bocadillos de queixo, chourizo e salchichón que iamos comer. Tamén había empanadillas, froita, galletas e, para beber, auga.













Cando chegamos ó cole puxéronnos as identificacións e... subimos ó autobús rumbo a Vigo. Que ilusión!!!
















Chegamos ó zoo de A Madroa e alí esperábannos dúas guías que nos acompañarían no recorrido polo recinto, explicándonos as características e anécdotas dos animais.


Vimos llamas, osos pardo, walabís, ñandús, cervos, gamos, tigres, leóns e ata lobos.



















Puidemos ver tamén muflóns e tocar os seus cornos.








Encantáronnos os pavos reais, os bufos e as curuxas, pero sobre todo os lémures, as cebras, os antílopes e as avestruces.










Ata había morcegos...



... e unha casa de madeira para quedarse alí a durmir de noite se se quere.


Ademais entramos ó acuario, ó terrario e ó mariposario. Alí vimos a diferenza de tamaño de ovos de diferentes aves: avestruz, emú, ñandú, galiña...



Ata había unha colmea con abellas.



No acuario había peixes, chocos, cabaliños de mar, tartarugas...









No mariposario vimos bolboretas.



E no terrario había lagartos, gekos, camaleóns e cobras de tódolos tamaños que se camuflaban perfectamente co entorno.












Despois da visita descansamos un pouco para coller novas forzas...





...para chegar ó porto, onde vimos barcos, lanchas e catamaráns.








Para comer acercámonos á praia Samil.








Que bo estaba todo!!! 
Cando rematamos xogamos no parque que había ó lado.














Antes de subir ó autobús acercámonos a ver o mar polo paseo da praia.









Chegamos ó aeroporto onde vimos despegar un avión.







Antes de chegar ó cole merendamos. Mmmmm!!!
Que rico está todo!!!






Ó chegar agardábannos as mamás, os papás e ata algún avó.


FOI UN DÍA DIFERENTE E XENIAL.
QUE BEN O PASAMOS!!!